Recrutar nenos e nenas soldado é unha práctica habitual no seo de moitos conflitos en todo o mundo. Nalgúns, anos e anos de guerra esgotaron os adultos en idade de combater: só quedan nenos. Os nenos soldado garanten a "protección" a moitas familias se os entregan aos exércitos. Algunhas bandas armadas recrutan nenos simplemente para que non sexan recrutados polo inimigo. Aproximadamente uns 250.000 nenos e nenas morren asasinados en conflitos armados cada ano, 400 millóns deles sofren explotación laboral e dous millóns son vítimas de tráfico sexual, según datos do Centro Reina Sofía para o Estudio da Violencia.
Paradoxalmente, en moitas das feiras infantís que se organizan ao longo e ancho do estado español (JUVENALIA, JUVELANDIA, EXPOJOVE) veñen aumentando cuantitativa e cualitativamente a presenza das Forzas Armadas e corpos policiais, en espazos destinados á infancia e á xuventude, onde deberían impulsarse en teoría actividades lúdicas de carácter creativo, cooperativo e non violento.
Se nos centramos en JUVENALIA, a feira anual que se organiza nas instalacións do IFEMA en Madrid, a presenza e o despregamento organizado polas Forzas Armadas é impresionante e a todas luces excesivo: prácticas de tirolina, tanques, emulación da desactivación de minas por parte de nenos e sesións de adestramento de cans.Subirse a un tanque como se dun xogo se tratase é unha maneira de manipular á infancia: ¿por que os organizadores non explican aos nenos e nenas que a guerra non é un xogo e que esas armas matan na vida real? ¿Por que o Exército non explica que as misións humanitarias son en realidade un intervencionismo camuflado para controlar zonas que interesan económicamente aos Estados occidentais ricos? ¿Por que non se explica que o presuposto de defensa dese país para 2007 ascenderá a 8.049.990.000 de euros, o aumento máis grande en 20 anos, mentres se incumpre a promesa de aumentar o presuposto adicado a investigación científica básica e de separar estes presupostos da investigación militar?
E aínda que sexa moi doloroso e pareza incrible, non podemos esquecer os excesos dos exércitos nas intervencións humanitarias: a cadea inglesa BBC descubriu novos alegatos de abuso sexual infantil por parte das forzas de paz de Nacións Unidas. Unha investigación puxo de manifesto a existencia de varios casos de prostitución de menores e violacións por parte de integrantes das misións en Haití e Liberia.Mentres as administracións din nas súas leis e nos seus discursos que apostan pola Educación para a Paz, a convivencia e a non violencia, por outro lado apoian iniciativas que educan aos nosos nenos e nenas en valores totalmente opostos e siguen gastando o diñeiro público en preparar as guerras.
Por todo isto, as organizaciós abaixo asinantes esiximos que non se volva dar espazo ao Exército nin a ningunha outra organización armada en JUVENALIA nin en ningunha outra feira infantil ou xuvenil.
miércoles, 6 de junio de 2007
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario